Salón do Automóbil de Lugo 2026 Salón do Automóbil de Lugo 2026

Dúas fins de semana por un único prezo. Coa túa entrada do Salón de Vehículo Novo, tes acceso GRATIS tamén ao Salón de Ocasión.

Entrada única: 3€ para todo

Entradas dispoñibles en breve

Salón do Automóbil de Lugo 2026

Datas e horarios

Salón de vehículo novo:

Venres 6, sábado 7 e domingo 8

de marzo:

10:30 a 14:30h.

16:00 a 20:00h.

Salón de vehículo de ocasión e Km0:

Mércores 11 e xoves 12 de marzo:

16:00 a 20:00h.

Venres 13, sábado 14 e domingo 15

de marzo:

10:30 a 14:30h.

16:00 a 20:00h.

Lembra: Coa túa entrada de 3€ podes vir ás dúas citas. Garda o ticket!

Marcas participantes

Máis de 40 marcas e tódolos concesionarios de Lugo reunidos, como sempre, nun mesmo espazo.

AIXAM
AUDI
BAIC
BESTUNE2
BMWMOTORRAD
BMW
BMWI
CENTRO
CITROEN
CUPRA
DACIA
DFSK
DONGFENG
FORD
HYUNDAI
ISUZU
KGM
KIA
LEXUS
MAXUS
MAZDA
MERCEDES
MG
MINI
MITSUBISHI
NISSAN
OMODA
OPEL
PEUGEOT
RENAULT
SEAT
SERES
SKODA
SUBARU
SUPERSOCO
SUZUKI
SWM
TOYOTA
VWVEHICULOSCOMERCIALES
VOLKSWAGEN
VOLVO
XPENG2
ZONTES

Transformamos o evento

Salón

Ademais de tódalas novidades do mercado automobilístico atoparás unha programación pensada para pasar o día enteiro no Pazo: entrevistas en directo, música, lecer, charlas de expertos, sorteos e contido continuo durante toda a xornada.

Presentado por Fran Lorenzo

Os eventos están conducidos por Fran Lorenzo, de Galicia Nómada, cunha axenda que poderás descubrir antes ca ninguén na nosa canle de WhatsApp.

Únete ao Club VIP en WhatsApp

Estar na nosa canle é estar no allo!

Recibe as novidades do Salón directamente no teu móbil, antes ca ninguén e con vantaxes que non publicamos en redes.

  • Prezos e ofertas exclusivas: Se estás dentro, aforras.
  • Sorteos privados: Sen máis requisitos.
  • Primicias do Salón: Entérate antes co resto.
QR Canle VIP WhatsApp
Quero unirme á Canle VIP

(É gratis e anónimo)

Mira, compara, aforra, decide

Estamos a tope de novidades, si, pero se estás pensando en cambiar de coche, este é o lugar.

  • Ofertas especiais no Salón.
  • Todo nun lugar:
  • Vehículos novos, ocasión, xerencia e Km0.
  • Tódolos concesionarios da cidade.
  • Asesoramento directo.
  • Entrega inmediata.
Salón

FAQ’s

Paga a pena comprar a entrada online?

Si. Aforras colas no acceso e aseguras a túa praza. Ademais, tela no móbil é máis cómodo e non a perdes para vir a segunda fin de semana.

Como funciona a entrada dobre?

É moi sinxelo. A entrada que compras para a primeira fin de semana é válida para a segunda. Só tes que gardala e volver presentala na porta.

As charlas son gratis?

Si, están todas incluídas no prezo da túa entrada de 3€. Non tes que pagar extra por ver as actividades.

Teño que pagar por ver coches?

Os 3€ son simbólicos para o mantemento do recinto e a organización de todas as actividades. Son 3€ por dúas fins de semana de lecer!

Van ver o meu número de teléfono?

Non, rotundamente. A diferenza dos grupos, nas Canles de WhatsApp o teu número é invisible. Nin o administrador da canle nin os outros seguidores poden ver o teu número de teléfono, a túa foto de perfil ou o teu nome. É 100% anónimo e seguro.

Vou recibir notificacións a todas horas?

Non. As canles están deseñadas para respectar o teu tempo e, por defecto, están silenciadas. O teu móbil non vibrará nin soará cada vez que publiquemos algo. Ti decides cando entras na pestana "Novidades" para ver se hai algo novo, sen interrupcións.

En que se diferencia isto dun Grupo de WhatsApp normal?

Un grupo é para conversar (e moitas veces xera ruído). Unha canle é para informar. Aquí só nós publicamos o contido importante; ninguén pode responder con textos que enchen o chat, nin se formarán conversas interminables. É como ler un taboleiro de avisos dixital: limpo e directo.

Vanse encher a memoria do meu móbil con fotos e vídeos?

A diferenza dos chats normais, os arquivos das canles non se gardan automaticamente na túa galería a menos que ti o decidas especificamente. Podes ver as fotos e vídeos na canle sen que ocupen espazo no teu teléfono.

Pobo interactuar ou dar a miña opinión?

Si, pero de forma privada. Non podes escribir mensaxes, pero podes reaccionar con emojis ás publicacións. E non te preocupes: ninguén saberá que fuches ti quen puxo ese emoji, as reaccións tamén son anónimas para o resto de seguidores.

É difícil saír se non me interesa?

Para nada. Non hai compromisos. Se nalgún momento decides que non che interesa, podes deixar de seguir a canle cun só clic no menú de opcións. Sen preguntas e sen que ninguén reciba un aviso de que marchaches.